Panellets

Panellets

Detalles

Racións

8 racións

Tempo

90 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • Para a masa:
  • 333 g de améndoa crúa moída

  • 240 g de azucre fino

  • 338 g de pataca

  • Para os tipos de panellets:
  • 250g de piñóns

  • améndoas enteiras

  • 5 culleriñas de café expreso

  • 6 culleradas de coco relado

Pasos

  • Cocer a pataca enteira coa monda.
  • Pelar a pataca e pisala.
  • Mesturar a pataca, o azucre e a améndoa moída.
  • Facemos boliñas coa masa.
  • Facemos os diferentes panellets: Para os tradicionais, poñémoslles piñóns ao redor. Para os de coco rebozámolos no coco relado e os de café mesturamos o café coa masa e decoramos coa améndoa enteira. Podemos substituir a pataca por boniato se reducimos un pouco a cantidade de azucre, ou se engadimos máis améndoa moída.