Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Dificultade
Fácil
Estamos acostumados a ver a salsa carbonara feita con nata, pero a auténtica receita é moito máis saborosa, faise só con ovos, queixo e touciño entrefebrado curado. Aínda que a receita orixinal non leve cebola a nós gústanos moito como queda con ela e adoitamos engadirlla, por iso a receita é “case auténtica”.
Ingredientes
180 g de espaguetes
3 ovos
2 cebolas
200 g de touciño entrefebrado
en tiras50 g de queixo pecorino
ou parmesano en pópementa negra moída
Pasos
- Pelamos e cortamos a cebola en taquiños pequenos, rustrímola a lume baixo nunha tixola cun pouco de aceite e sal até que estea ben pasada.
- Engadímoslle o touciño entrefebrado e dourámolo xunto coa cebola, cando estea listo sacamos do lume e reservamos na tixola.
- Nun cunco botamos os ovos e batémolos, engadimos o queixo en pó e remexemos cun garfo até que se integren. Debería quedar bastante espeso. Botámoslle pementa negra moída por enriba e voltamos mesturar todo, deixamos repousar uns minutos.
- Poñemos a cocer os espaguetes con abundante auga e un pouco de sal durante 10 minutos aproximadamente. Cando estean ao punto, engadimos unha culler da auga de cocción na mestura de ovo e escorrémolos. Finalmente, botámolos na tixola xunto ao touciño e a cebola co lume apagado.
- Mesturamos ben o ovo e botámolo por enriba da pasta. Remexemos todo até que calle o ovo e o queixo co calor da pasta.
- Servimos cun chisco de pementa negra moída por enriba.