Detalles
Racións
24 racións
Tempo
90 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
2 láminas de masa follada
- Para o recheo:
500 ml de leite
35 g de maicena
50 g de fariña de trigo
7 xemas e 1 ovo
300 g de azucre
200 ml de auga
1 ramiña de canela
manteiga para untar os moldes
canela en pó
Pasos
- En primeiro lugar temos que facer un almíbar. Para isto botamos nun cazo o azucre e a auga coa rama de canela. Agardamos até que ferva e deixámolo 3 minutos antes de apagalo. Quitamos a rama de canela e reservamos.
- Mesturamos ben a maicena coa fariña en seco, posteriormente engadimos un pouco de leite e remexemos. Conseguiremos unha especie de papa homoxénea, continuamos botando o leite pouco a pouco e remexendo até que fique ben mesturado. É moi importante facer este proceso pouco a pouco para evitar que se formen bolas.
- Botamos a a mestura do leite coas fariñas nun cazo a lume medio, e imos remexendo para que non se pegue até que espese.
- Engadimos o almibar que tiñamos reservado pouco a pouco e remexemos. Deixamos arrefriar a mestura.
- Cando arrefrie a masa co almíbar engadimos as xemas e o ovo e mesturamos até que fique homoxéneo. É importante facer a mestura en frio xa que se non cociñaríanse os ovos.
- Para as bases, enrolamos a placa de masa follada e cortamos en anacos de dous dedos de ancho máis ou menos.
- Necesitaremos moldes para colocar a masa, se non atopamos os moldes especiais para pasteis de nata, podemos empregar os moldes para facer Muffins. Untamos os moldes con manteiga e colocamos un anaco de masa follada, presionamos no centro e imos dándolle forma cos dedos até cubrir toda a superficie da forma. Podemos mollar un pouco as mans con auga para evitar que se pegue a masa aos dedos. Finalmente picamos a base con un garfo.
- Cando teñamos os moldes coa masa follada engadimos o recheo pero con cuidado de non enchelo até arriba, o ideal sería encher 3/4 da capacidade xa que co calor do forno subirán.
- Metémolos no forno xa quente a 200º durante uns 10 minutos aproximadamente. Cando comecen a poñerse torrados por riba estarán prontos.
- Deixamos arrefriar un pouco e sacámolos dos moldes. Podemos botarlles un pouco de canela en pó por enriba para servir. Recomendase comélos máis ben mornos. Bom apetite!