Detalles
Racións
8 racións
Tempo
120 minutos
Dificultade
Media
O Pastel Vasco é unha sobremesa orixinaria de Iparralde, o País Vasco Francés, e estendeuse ata o sur por Navarra e Euskadi chegando a ser super popular en todo Euskal Herria. O recheo adoita ser de crema ou de froitas.
Ingredientes
- Molde:
Molde desmontable
de 26 cm de diámetro- Para a masa:
300 g de fariña de trigo
120 g de manteiga en pomada
( a temperatura ambiente )200 g de azucre
8 g de lévedo en pó
(1/2 sobre)1 ovo
1 cucharadiña pequena de sal
- Para a crema:
1/2 litro de leite
75 g de azucre
2 ovos e 2 xemas
1 rama de canela
1 limón
35 g de maicena
- Para decorar:
1 ovo para pintar
Pasos
- Para a masa:
- É moi importante que a manteiga estea a temperatura ambiente, para isto sacámola una hora antes da neveira. Mesturámola un pouco cunha culler antes de empregala para desfacela.
- Botamos nun cunco a fariña peneirada, o azucre, o lévedo e o sal, mesturamos todo. A continuación engadimos a manteiga e amasamos coas mans, até que se forme unha especia de area.
- Botamos o ovo e seguimos amasando uns minutos até conseguir unha masa homoxénea e que non se nos pegue demasiado as mans. Se así fose engadimos un pouquiño máis de fariña e voltamos amasar.
- Facemos unha bola e envolvémola en papel film, metémola no frigorífico durante unha hora para que arrefríe e poidamos traballar ben a masa.
- Para a crema:
- Reservamos un vaso de leite e o resto botámolo nun cazo coa monda de medio limón e a rama de canela. Poñémolo ao lume até antes de que ferva e retiramos. Agardamos 10 minutos para que infusione coa monda de limón e a canela.
- No vaso de leite que reservamos imos botando pouco a pouco culleradas de maicena e remexendo para que se disolva. Agardamos a que estea ben disolta antes de engadir máis. Cando rematemos coa maicena, botamos o azucre, os dous ovos e as duas xemas. Mesturamos todo ben cun batedor de globo.
- Cando pasen os 10 minutos coamos o leite do cazo para quitar as mondas e a canela e engadimos a mestura de leite con ovos, maicena e azucre. Voltamos poñer ao lume, a fogo medio e remexemos constantemente cun batedor de globo até que espese.
- Cando a crema estea lista, retiramos do lume e botámola nunha bandexa alongada para que arrefríe antes.
- Para montar o pastel:
- Collemos 2/3 da masa que temos no frigo e o resto deixámola para que non quenza.
- Colocamos un papel de forno sobre a mesa, a continuación a bola de masa e cubrímola con outro papel de forno. Cun rolete estendemos ben a masa entre os dous papeis até ter unha superficie que nos cubra o fondo do molde e os bordes.
- Retiramos o papel superior. Colocamos a masa no molde co outro papel cara arriba para que nos axude a colocala e poidamos retiralo. Quitamos o papel e axustamos ben a masa aos bordes do molde.
- Botamos a crema e igualámola por toda a superficie cunha lingua.
- Repetimos o proceso anterior cos dous papeis de forno e o resto da masa e estendémola ben cun rolete. Retiramos un dos papeis e colocamos a masa sobre a crema. Retiramos o outro papel e unimos os bordes das duas láminas de masa, cortando o sobrante cun coitelo.
- Batemos un ovo e pintamos por enriba cun pincel.
- Debuxamos sobre a tapa regos cruzados cun garfo para decorar e metemos no forno, que previamente quentamos a 175 graos, durante 25 ou 30 minutos até que esté douradiño.
- Sacámola do forno e agardamos que arrefríe para sacala do molde. É importante agardar a que arrefríe para que non rompa, xa que é unha masa moi fráxil.
- Servimos frío.