Porrusalda con bacallau

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo de cociñado

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 3 porros

  • 3 cenouras

  • 2 patacas

  • 2 allos

  • bacallau desmigado

  • aceite de oliva

  • pimenta

  • pimentón doce

Pasos

  • Desalgamos o bacallau con auga na neveira durante 24 h antes de cociñalo, cambiando a auga varias veces.
  • Cortamos os porros, as cenouras e as patacas.
  • Botamos un chorro de aceite nunha pota e botamos os allos pelados cando o aceite esté quente.
  • Engadimos os porros e as cenouras e refogamos uns minutos.
  • Engadimos a auga e as patacas e deixamos cocer durante 20 minutos. Botámoslle pementa negra moída e un chisco de sal mentras coce.
  • Cando as verduras estén ao punto engadimos as migas de bacallau.
  • Deixamos 10 minutos cocendo.
  • Deixamos repousar uns minutos e servimos quente.