Detalles
Racións
2 persoas
Tempo de cociñado
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
275 g de arroz
(1 taza pequena)1/2 vaso de viño albariño
300 g de champiñóns
1 cebola
1 litro de caldo de polo
120 g de queixo San Simón
da Costa
Pasos
- Limpamos a cebola e picámola.
- Botamos un chisco de aceite nunha tixola ou nun wok e quentamos un pouco. Cando o aceite este quente, botamos a cebola e pochamola até que fique transparente.
- Limpamos e laminamos os champiñóns.
- Engadimos os champiñóns á cebola e deixamolos que se cociñen uns 5 minutos.
- Cando os champiñóns estean case cociñados engadimos un vaso de viño Albariño e deixamos que reduza.
- Mentras o viño reduce, quentamos nun cazo o caldo de polo sen que chegue a ferver.
- Cando o viño teña reducido botamos o arroz e douramolo uns minutos.
- A continuación engadimos un chisco de caldo e remexemos. Iremos engadindo o caldo de xeito que non se seque nunca o arroz e fique caldoso.
- Deixamos 15 minutos apróximadamente o arroz até que esté ao punto, neste momento engadimos o queixo en anacos pequenos e mesturamos.
- Deixamos repousar o arroz tapado durante 5 minutos.
- Podemos decorar no prato cun chisco de albahaca seca ou natural.