Roliños de canela

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

150 minutos

Dificultade

Fácil

Os roliños de canela, cinnamon rolls ou kanelbulle son un doce moi típico de Suecia e outros países nórdicos como Dinamarca que tomarón gran popularidade a comezos do século pasado. Son estupendos para comer no inverno ou durante o Nadal, con unha boa taza de café ou te quentiño.

Ingredientes

  • 400 g de fariña de trigo

  • 25 g de lévedo fresco

  • 1 ovo

  • 50 g de manteiga

  • 150 ml de leite

  • sal

  • 50 g de azucre

  • Para o recheo:
  • 50 g de manteiga

  • 80 g de azucre

  • 2 culleres de canela
    en pó

  • Para decorar:
  • azucre

  • 1 ovo

Pasos

  • Peneiramos a fariña, engadímoslle o sal, mesturamos ben e engadímoslle o lévedo.
  • Derretemos a manteiga a baixa potencia no microondas.
  • Facemos un burato no medio da fariña e botamos o leite morno. Desfacemos o lévedo co leite e egadimos a manteiga derretida o ovo e o azucre.
  • Mesturamos todos os ingredientes e amasamos coas mans durante 10 minutos. Facemos unha bola coa masa, botámoslle un chisco de fariña por riba e tapámola con un pano limpo. Deixamos levedar durante unha hora e media.
  • Pasado este tempo a masa debería ter dobrado o seu tamaño. Amasámola un pouco para desgasificar, esparexemos un pouco de fariña sobre a mesa e con un rolo estendémola enriba con forma de rectángulo. Debería ficar cun grosor duns 3 mm.
  • Recheo:
  • Para o recheo derretemos un pouco a manteiga e mesturámola co azucre e a canela. Cunha brocha pintámos a masa por riba coa mestura da manteiga azucre e canela.
  • Enrolamos a masa polo lado máis longo e cortamos en anacos duns 2 ou 3 dedos de grosor.
  • Colocámolos as caracolas nunha bandexa de forno sobre papel de forno e cubrímolos con un pano, deixamolos reposar de novo uns 30 minutos até que medren outro pouco.
  • Decoración:
  • Cando estén listo batemos un ovo e pintámolos por riba.
  • Prequentamos o forno a 200º e cocémolos no forno durante 12 minutos aproximadamente, até que estean doradiños.
  • Sacámolos do forno, botámoslles un pouco de azucre por riba e deixámolos que arrefrían sobre unha bandexa. Mornos están boísimos!!