Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
20 minutos
Ingredientes
8 lagostinos
1 pata polbo cocido
1 kg de mexilóns
1 dente de allo
1 ceboliña
1 pemento verde grande
1 pemento vermello grande
1 tomate maduro grande
1 culler de vinagre
1/2 vaso de aceite de oliva
sal e pementa negra
Pasos
- Cocemos os lagostinos, pelámolos e cortámolos en anacos. Cortamos tamén a pata de polbo en toros.
- Abrimos os mexilóns nunha pota cun pouco de auga e sal. Agardamos a que arrefríen un pouco sacámoslles as cunchas.
- Picamos os pementos e a cebola en brunoise. Picamos tamén o tomate en taquiños pequenos.
- Nun cunco mesturamos o vinagre, o aceite e o allo picado ben fino. Integramos cun garfo até ter unha mestura homoxénea.
- Mesturamos todos os ingredientes, botámoslles a vinagreta, sal e pementa negra moída. Remexemos todo até que estea ben mesturado.
- Gardamos na neveira e servimos ben fresquiño.