Strogonoff de polo

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

45 minutos

Ingredientes

  • 500 g de peituga de polo

  • 2 dentes de allo

  • 1/2 cebola

  • pementa moída

  • 1 culler de sopa de ketchup

  • 1 culler de sopa de mostaza

  • 200 ml de nata para cociñar

  • 200 g de salsa de tomate

  • aceite de oliva

  • sal

  • Para acompañar:
  • arroz branco

  • patacas palla

Pasos

  • Cortamos a peituga de polo en dadiños de tamaño medio, botámoslle sal e pementa moída e reservamos.
  • Picamos a cebola en brunoise ben fina e o allo en cadradiños pequenos tamén.
  • Nunha tixola cun chisco de aceite de oliva douramos os cubos de polo, e cando comecen a coller cor retirámolos e reservamos. Engadimos na mesma tixola a cebola e o allo, botámoslles un pouco de sal e refogamos a lume baixo até que se cociñen.
  • Cando teñamos a cebola transaparente e ben pasadiña, voltamos incorporar o polo á tixola e botámoslle a culler de ketchup, a de mostaza e o mollo de tomate.
  • Deixamos cociñar a fogo medio durante uns 5 minutos e botamos tamén a nata, remexemos ben para integrar os mollos e cociñamos outros 5 minutos.
  • Servimos quente con arroz branco e patacas palla de gornición.