Detalles
Racións
8 persoas
Tempo
45 minutos
O strudel é un doce orixinario de Austria e Alemaña, elaborado cunha masa de follado rechea xeralmente con mazás aromatizadas con canela e pasas. Cómese morna e pódese acompañar de xeado de vainilla.
Ingredientes
1 masa de follado
4 mazás
100 g de azucre moreno
zume de 1 limón pequeno
50 g de noces peladas
30 g de abelás peladas
50 g de pasas
1 ovo
150 g de manteiga
canela en pó
Pasos
- Pelamos, tirámoslles o corazón e cortamos en cadradiños as mazás.
- Cortamos en anacos as abelás e as noces.
- Nunha pota derretemos a manteiga e engadimos as mazás, o zume de limón e as pasas. Deixamos 10 minutos ao lume remexendo de cada pouco até que se se cociñen.
- Engadímoslle o azucre e a canela ao gusto e mesturamos todo. Botamos 1/4 de vaso de auga e os froitos secos mentras continuamos remexendo. Finalmente apagamos o lume, reservamos e deixamos enfriar un pouco.
- Prequentamos o forno a 200º. Mentras extendemos a masa sobre unha bandexa para o forno e colocamos o recheo no centro, deixando marxes arriba e abaixo.
- Pechamos ben cos bordes formando un rolo e facemos uns cortes transversais por enriba.
- Batemos un ovo e pintámos con el o strudel. Metémolo no forno, que previamente quentamos a 200º, durante uns 10 ou 15 minutos até que se doure a masa.
- Agardamos un chisco a que arrefríe e servimos morno, cortado en toros e acompañado de xeado de vainilla.