Etiqueta: lusofonía

Cócteles

Caipirinha

O caipirinha é unha bebida moi famosa de orixe brasileiro. Faise con cachaça, unha bebida alcohólica destilada que provén da cana de azucre. No Brasil é unha bebida moi común, tómase a todas horas, incluso coa comida. O seu nome é un diminutivo da palabra caipira, que se emprega para referirse a alguén que procede […]

Doces

Brigadeiros brasileiros

O brigadeiro é un doce moi famoso no Brasil. Adoita facerse na casa para eventos festivos, un exemplo son as festas de aniversario. Os orixinais cóbrense con chocolate pero hai gran cantidade de versións. Nós quixemos facer a receita tradicional e tamén unha versión cuberta con coco relado, igualmente deliciosa.

Principais

Coxinhas de polo

As coxinhas son un salgadinho ou snack moi común no Brasil, en cada padaría ou bar podes atopalas. Teño que recoñecer que son un grande fan deste prato, a tempada que vivín alí raro era o día que non comía coxinhas. Encántanme! A receita é sinxela aínda que algo laboriosa, primeiro elabórase unha masa con […]