Torta de cenoria

Detalles

Cantidade

8 persoas

Tempo

120 minutos

Dificultade

Media

Ingredientes

  • 280 g de fariña

  • 350 g de cenorias

  • 4 ovos

  • 300 g de azucre moreno

  • 250 g de manteiga

  • 1 culler de canela en pó

  • 1 culler de xenxibre moído

  • 1 culler de bicarbonato sódico

  • 2 culleres de formento químico en pó

  • 1 chisco de sal

  • Para a cobertura:
  • 300 g de Mascarpone

  • 250 ml de nata para montar

  • 250 g de azucre

  • 1 culler de sobremesa de extracto de vainilla

  • 50 g de manteiga a temperatura ambiente

Pasos

  • Lavamos as cenorias e picámolas coa picadora.
  • Mesturamos os ingredientes secos por un lado. Tamizamos a fariña, o bicarbonato, o formento en pó, a canela e o xenxibre e un chisco de sal.
  • Noutro cunco mesturamos o azucre moreno e os ovos e batemos até que se forme escuma.
  • Botamos os ovos con azucre no cunca da fariña, a cenoria e a manteiga derretida e mesturamos até obter unha masa homoxenea.
  • Quentamos o forno a 180 graus con calor arriba e abaixo e metemos a masa no forno nun molde. Deixámola arredor de 60 minutos, cando comece a coller cor, cubrimos con papel de aluminio para que non se torre.
  • Unha vez fora do forno, deixamos arrefriar.
  • Para facer o recheo mesturamos a manteiga, é moi importante que este a temperatura ambiente, co queixo mascarpone e a vainilla. Montamos a nata co azucre e incorporámola á mestura.
  • Cortamos o biscoito en 3 capas e colocamos o recheo entre o biscoito.
  • Finalmente cubrimos o biscoito co recheo e decoramos con noces.