Torta de cereixa

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

90 minutos

Ingredientes

  • 1 kg de cereixas

  • 125 g de azucre

  • 30 g de Maizena

  • zume de 1/2 limón

  • Para a masa:
  • 250 g de manteiga

  • 500 g de fariña de trigo

  • 50 g de azucre

  • 45 g de auga

  • 1 chisco de sal

  • 1 chorriño de zume de limón

  • Para pintar:
  • 1 ovo

  • MOLDE
  • Desmontable de 23 cm

Pasos

  • Lavamos as cereixas e quitámoslles o oso. Podemos facelo premendo cos dedos até que saia ou cortando cun coitelo pola metade.
  • Botámos as cereixas sen oso nun cunco e engadimos o azucre e o zume de limón. Gardamos na neveira e deixamos macerar durante unhas 8 horas, podemos deixar dun día para outro.
  • Pasado este tempo as cereixas xa soltaron todo o seu zume, engadímoslles a maicena e mesturamos ben para que se disolva.
  • Para a masa:
  • Botamos a manteiga fría en cadriños nun cunco, engadimos a fariña o azucre e un chisco de sal. Mesturamos coas mans até que se forme unha especie de masa areosa, engadimos o limón e a auga e seguimos amasando até ter unha masa homoxénea.
  • Facemos unha bola, envolvémola en papel film e metemos na neveira durante unha hora polo menos.
  • Para facer a torta:
  • Cortamos a masa en dous anacos, un deles un pouco máis grande que o outro. Cun rolete e sobre unha folla de papel de forno estendemos a bola máis grande até que teña uns 3 ou 4 mm de espesor.
  • Colocamos a masa no molde co papel de forno por abaixo para evitar que se pegue e deixando que os bordes da masa saian un pouco por fora.
  • Botamos as cereixas sobre a masa e estendemos para que quede uniforme a superficie.
  • Coa axuda dun rolete estendemos o outro anaco de masa e cortamos tiras de 2 dedos de ancho máis ou menos. Colocámolas sobre a torta entrecruzándoas para que queden máis vistosas.
  • Pegamos ben as tiras de masa aos bordes e dámoslles forma. A continuación batemos un ovo e pintamos a masa por enriba.
  • Metemos no forno, que previamente quentamos a 180 graos durante 60 minutos. Se vemos que colle demasiada cor por enriba podemos cubrila con papel de aluminio por enriba para evitar que se queime.
  • Aínda que pasado este tempo o recheo de cereixas estea líquido non pasa nada, pois ao arrefriar quedará máis espeso.
  • Deixamos arrefríar antes de desmoldar. Servímola fría e tamén se pode acompañar con unha bola de xeado.