Torta de manga

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 2 mangas

  • 3 ovos

  • 125 g de iogur natural
    (1 medida)

  • 225 g de fariña
    (3 medidas)

  • 130 g de azucre
    (1 medida)

  • 130 g de aceite de oliva
    (1 medida)

  • 16 g de lévedo en pó
    (1 sobre)

  • manteiga

  • Para a nata:
  • 400 ml de nata para montar

  • 150 g de azucre

  • MOLDE
  • Redondo desmontábel de 23 cm de diámetro

Pasos

  • En primeiro lugar pelamos as mangas, separamos 300 g e o resto reservámolo para o recheo e adornar. 
  • Nun cunco botamos os ovos e batémolos ben até que espumen, a continuación engadimos o azucre e seguimos batendo. É moi importante batelos ben para que quede esponxoso o biscoito. Botamos o iogur e o aceite e continuamos batendo. Trituramos o mango, engadímolo aos ovos e mesturamos. Tamizamos a fariña co lévedo e botámola pouco a pouco mentras remexemos cunha lingua.
  • Engrasamos o molde coa manteiga e vertemos nel a mestura. Metémolo no forno, que previamente quentamos a 180ºC, durante 40 minutos. Pasado este tempo sacámolo do forno e deixámolo arrefriar un chisco. 
  • Mentras, batemos a nata cun batedor de globo eléctrico, comezando a baixa potencia e subindo pouco a pouco até que estea case montada. Neste punto engadimos o azucre e seguimos batendo até que faga debuxos o batedor na nata. 

  • Separamos metade da nata e reservamos. Cortamos parte da manga que nos sobrou en cadradiños para engadilos á metade da nata, mesturamos ben.