Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
150 g de bolachas María
130 g de manteiga
500 g de queixo crema
200 g de iogur grego
100 g de azucre
100 ml de leite
5 follas de xelatina
- Para a mermelada:
140 g de azucre
200 g de framboesas
1 chorriño de limón
1 folla de xelatina
- MOLDE
Redondo desmontábel
de 23 cm de diámetro
Pasos
- Esmagamos ben as bolachas. Podemos picalas nunha picadora, ou metelas nunha bolsa para conxelar e esmagalas cun rolete. A continuación mesturámolas ben coa manteiga derretida e extendemolas no fondo do molde, até ter unha superficia lisa.
- Metemos o molde no conxelador ou na neveira para que arrefríe e non se mesturen as bolachas co resto da masa da torta.
- Hidratamos 5 follas de xelatina nun vaso con auga durante 10 minutos e mentras quentamos o leite. Cando teñamos a xelatina hidratada, escorremos as follas e metémolas no leite quente. Remexemos ben até que se disolvan por completo.
- Batemos o queixo cun batedor de globo e a continuación engadimos tamén o iogur, o leite quente e o azucre. Seguimos batendo até ter unha mestura homoxénea. Vertemos con cuidado a masa no molde, sobre a base de bolacha e deixamos arrefriar 4 horas na neveira.
- Para a marmelada:
- Lavamos as framboesas e botámolas nun cazo co azucre e cun chorriño de limón. Poñémolo a fogo medio e remexemos pouco a pouco. As framboesas desfaranse e licuaranse. Deixamos 20 minutos mentras remexemos e sacamos do lume. A continuación hidratamos unha folla de xelatina durante 10 minutos e mentras tanto pasamos por un coador a marmelada para quitarlles as pebidas. Imos botando a marmelada no coador e remexendo cunha culler para coala e separar ben as sementes da polpa.
- Escorremos a xelatina e botámola no cazo xunto ás framboesas coadas. Seguimos cociñando a fogo medio outros 5 minutos.
- Sacamos do lume, agardamos a que arrefríe e botamos a marmelada sobre a torta de queixo con cuidado sobre unha culler.
- Deixamos repousar na neveira para que espese.