Detalles
Tempo
45 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
- Base
120 g de bolachas
80 g de manteiga
- Mousse
400 g de iogur de limon
400 ml de nata para montar
50 g de azucre
monda de limón relada
1 sobre de xelatina de limón
- Cobertura
75 g de manteiga
100 ml de zume de limón coado
monda de limón relada
100 g de azucre
2 ovos
Pasos
- Base
- Esmagamos as bolachas.
- Derretemos a manteiga e mesturamos coas bolachas esmagadas.
- Colocamos a masa nun molde e deixamos arrefriar na neveira mentras facemos o resto da receita.
- Mousse
- Quentamos 200 ml de auga e disolvemos a xelatina de limón e posteriormente o azucre, remexemos ata que estén ben disoltos.
- Engadimos o iogur á mestura e deixamos arrefriar.
- Mentras arrefria montamos a nata e engadimola á mestura previa cando esté temperada.
- Engadimos a monda de limón relada e mesturamos.
- Esparexemos enriba da masa de bolachas a mousse.
- Cobertura
- Colocamos unha cunca ao baño maría coa manteiga.
- Cando este derretida, engadimos o zume de limón, a monda relada e o azucre e remexemos ben.
- Engadimos os ovos batidos e continuamos remexendo ata que quede unha mestura homoxenea e espesa.
- Deixamos arrefriar e cubrimos a mousse.
- Decoramos con monda de limón e unhas folliñas de menta.