Torta tres leites

Detalles

Cantidade

6 persoas

Tempo

40 minutos

Dificultade

Média

Ingredientes

  • 6 ovos

  • 150 g de azucre

  • 200 g de fariña

  • 1 sobre de lévedo en pó

  • 196 ml de leite evaporado

  • 200 g de leite condensado

  • 250 ml de leite

  • Para la cobertura
  • 240 g de azucre

  • 4 clara de ovo

  • 80 g de auga

  • canela

Pasos

  • Batemos os ovos co azucre coa axuda dun batedor de globo até que dupliquen o volume.
  • Mesturamos o lévedo coa fariña peneirada, engadimos pouco a pouco aos ovos e imos remexendo cunha lingua.
  • Prequentamos o forno a 180º. Botamos a mestura nun molde e metémolo no formo durante 25 minutos aproximadamente. Antes de sacalo do forno podemos comprobar se espetamos un pauciño que sae limpo.
  • Despois de sacalo do forno, agardamos uns minutos a que arrefrie. Temos que facerlle buratiños cun garfo para que absorba ben todo o leite.
  • Mesturamos os tres leites nun cunco e cando teñamos un mestura homoxénea botámola sobre o biscoito.
  • Cubrimos o biscoito coa mestura e deixámolo na neveira toda unha noite ou 10h aproximadamente para que se enchoupe ben co leite.
  • Para a cobertura:
  • Botamos un chisco de sal sobre as claras e montamos cun batedor de globo, cando comecen a espumar engadimos 60 g de azucre e continuamos batendo.
  • Imos facer un almibre, para isto botamos 180 g de azucre nun cazo e 80 g de auga sen remexer. Deixamos a lume medio-alto até que alcance os 115 graos aproximadamente. Se non temos un termometro para medir deixamos 5 minutos até que burbullee abundantemente.
  • Cando o almibre este listo engadímolo pouco a pouco ás claras en forma de fío mentras batemos. Continuamos batendo até que enfríe o merengue.
  • Coa axuda dunha manga pasteleira decoramos por riba como máis nos guste.
  • Finalmente metemos a torta no forno co grill para dourar o merengue. Temos que ser coidadosos co tempo, xa que pode queimarse rapidamente. Abondara con catro ou cinco minutos.
  • Podemos decorar a torta con un chisco de canela por riba. Servimos ben fría.