Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
260 g de masa follada
(rectangular)2 kiwis
1 plátano
2 mandarinas
- Para a crema pasteleira:
500 ml de leite
3 xemas
1 ovo
75 g de azucre
30 g de maicena
1 ramiña de canela
Pasos
- Prequentamos o forno a 200º C.
- Comezamos facendo a crema pasteleira, podedes seguir aquí a nosa receita. Cando a teñamos preparada deixámola arrefriar cuberta con un film transparente.
- Mentras facemos pequenas dobreces coa masa nas beiras para formar os bordos da tortaleta e picamos o resto da superficie cun garfo para que non suba. Metémola no forno e deixámola até que se doure, aproximadamente uns 10 minutos a 200º.
- Retiramos a base da torta do forno e deixámola arrefriar un pouco.
- Finalmente para montar a tarta botamos a crema sobre a base e extendémola ben. A continuación colocamos as froitas que máis nos gosten sobre ela. Podemos decorala con nata tamén se queremos.