Detalles
Racións
6 racións
Tempo
3 horas
Ingredientes
- Para o recheo:
2 ovos
60 g de manteiga
reladura dun limón
reladura dunha lima
50 g de zume de limón
10 g de zume de lima
70 g de azucre
- Para a masa:
70 g de manteiga
à temperatura ambiente45 g de azucre
un chico de sal
1 ovo
185 g de fariña
garavanzos para cociñar a masa
- MOLDES
6 aros redondos
(7 cm de diámetro
e 2 cm de ancho)
Pasos
- Para a masa:
- Para facer a masa botamos nun cunco a fariña co azucre e o sal. Remexemos, engadimos a manteiga a temperatura ambiente e o ovo, a continuación amasamos coas mans até obter unha masa homoxénea.
- Finalmente facemos unha bola e cubrímola con film transparente, deixámola na neveira 2 horas para que se acabe de formar.
- Para o recheo:
- Mentras agarda a masa imos facer o recheo, para isto cortamos a manteiga en anacos, mesturámola ben coas reladuras do limón e a lima e reservamos. Nun cunco á parte botamos os ovos e engadímoslles o zume de limón, o zume da lima e o azucre. Batemos todo e poñémolo nun cazo a lume baixo durante uns minutos mentras remexemos cun batedor de globo.
- A continuación engadimos a manteiga coas reladuras do limón e a lima e continuamos remexendo até que se derreta a manteiga e comece a espesar a mestura. Retiramos do lume e agardamos que arrefríe o recheo.
- Pasadas as duas horas, xa podemos facer a base das tortaletas. Colocamos a bola de masa entre duas follas de papel de forno para facilitar a súa manipulación e cun rolete estendémola até quedar cun espesor de 3 mm máis ou menos.
- Cortamos 6 círculos do tamaño do molde das tortaletas para facer o fondo e rectángulos alongados tan anchos como o borde do molde e o suficientemente longos para cubrir toda a circunferencia deste, podemos facelo en dúas veces para que sexa máis facil calcular a lonxitude. Colocamos os anacos de masa que acabamos de cortar nos moldes e unímolos premendo cos dedos.
- Quentamos o forno a 175 graos e a continuación metémos os moldes durante 35 minutos con garavanzos por enriba para evitar que suba a masa.
- Agardamos que arrefríen para sacar os moldes. Por último enchémolas coa crema de lima e limón e decoramos por enriba cun pouco de lima relada. Servimos ben frías.