Zorza Vegana

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

2h

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 100 g de soia texturizada grosa

  • 1 pastilla caldo de verduras
    ou 1/2 litro de caldo

  • 2 allos

  • pimentón doce

  • pimentón picante

  • 1 culler sopeira
    de salsa de soia

  • 2 culleres sopeiras
    de aceite de oliva

  • 1 culler sopeira de viño branco

  • sal

Pasos

  • Primeiro necesitamos hidratar a soia texturizada, para iso quentamos medio litro de auga e disolvemos a pastilla de caldo de verduras nel. Podemos empregar directamente caldo de verduras ou auga no seu defecto.
  • Cubrimos a soia texturizada co caldo de verduras e deixamos hidratar mínimo 15 minutos.
  • Unha vez hidratada, escorremos ben o caldo premendo a soia para que solte todo o líquido.
  • Coa axuda dun morteiro esmagamos os allos. Mesturamos nun cunco a salsa de soia, o allo esmagado, o aceite e o viño. Remexemos ben e logo engadimos unha cullerada de pimentón doce, un chisco de sal e pimentón picante ao gusto. Mesturamos todo.
  • Engadimos a soia texturizada escorrida ao mollo e remexemos para que se mariñee toda por igual. Cubrimos con un papel film e deixamos repousar como mínimo un par de horas, canto máis tempo estea máis sabor collerá. Podemos facela e deixala adobada para o día seguinte.
  • Unha vez adobada a zorza fritímola nunha tixola cun chisco de aceite. Podemos acompañala con cachelos.