Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
90 minutos
Ingredientes
1 barra chapata (500 g)
200 ml leite
200 ml de nata para cociñar
2 dentes de allo
6 ovos
1 culler de comiño
80 g de queixo parmesano relado
1 cabaciña grande (450 g)
25 g de alfábega fresca e
algunha folla para decoraraceite de oliva
sal e pementa negra moída
- MOLDE
Bandexa para forno de 20 x 25 cm
Pasos
- Quitamos a cortiza do pan e cortamos a rafa en anacos non moi grandes.
- Batimos un pouco os ovos, esmagamos os allos e cortamos as follas de alfábega. Reservamos por separado.
- Relamos a cabaciña con un relador groso e reservamos.
- Nun cunco mediano mesturamos o pan, o leite e a nata. Tapamos e deixamos repousar uns 30 minutos para que o pan se enchoupe ben.
- Noutro cunco grande botamos os allos, os ovos, o comiño, 50 g de queixo e un pouco de sal e pementa. Remexemos todo e engadimos o pan co líquido que sobrara. Engadimos tamén a alfábega e a cabaciña e mesturamos con cuidado.
- Untamos un pouco a bandexa con aceite de oliva e metémola no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 5 minutos. Con cuidado de non queimarnos sacamos a bandexa do forno e botamos a mestura de cabaciña co resto de ingredientes. Nivelamos a superficie e metémola no forno durante 20 minutos máis ou menos.
- Engadimos o queixo sobrante por enriba do pastel e voltamos metelo ao forno, durante outros 20 ou 25 minutos até que calle de todo e se doure un pouco por enriba. Podemos picar cun pauiño e comprobar se sae seco para saber que xa está pronto.
- Deixamos repousar 5 minutos e servimos cunhas follas de alfábega por enriba.