Cuscús falso de coliflor

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Ingredientes

  • 1 coliflor

  • 1 ceboliña

  • 1 cabaciña

  • 2 cenorias

  • uvas pasas

  • sal

  • pementa

  • curry

  • AOVE (aceite de oliva)

Pasos

  • Quitamos o tronco central e os talos da coliflor. Lavámola ben e escurrímola.
  • Cunha picadora trituramos a coliflor até conseguir un tamaño parecido ao do cuscús e reservamos.
  • Cortamos en cadradiños a cabaciña e a cenoria.
  • Picamos a ceboliña e salteamos nunha sartén cun pouco de aceite. A continuación engadimos a cabaciña, a cenoria e salteamos xunto a ceboliña. Deixamos até que as verduras estean cociñadas.
  • Engadimos a coliflor picada e salteamos uns minutos xunto as verduras. Botamos pementa e curry ao gusto e remexemos até que se acabe de pasar a coliflor.
  • Retiramos do lume, engadimos unha presa de pasas e mesturamos todo para integralas.