Crema catalá

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

 A crema catalá é moi similar as natillas ou crema de ovo, as dúas empregan os mesmos ingredientes. A principal diferenza é que a crema catalá é algo máis densa e no momento de servila bótaselle azucre por enriba e cun soprete acaramélase formando unha cobertura crocante e dourada. Para coméla rompese coa culler a capa de caramelo.

É importante botar o azucre por enriba e acaramelalo no momentos antes de comela, xa que se a deixamos moito tempo o azucre derrétese formando un almibre.

Ingredientes

  • 1/2 l de leite enteiro

  • 4 xemas de ovo

  • 55 g de azucre

  • 15 g de maicena

  • 1 anaco de monda de limón
    ( sen parte branca)

  • 1 anaco de monda de laranxa
    ( sen parte branca)

  • 1 ramiña canela

  • 10 g de manteiga

  • abundante azucre
    para acaramelar

  • MOLDES
  • Moldes de cerámica
    de 13cm de diámetro

Pasos

  • Quentamos nun cazo o leite coa monda de laranxa, do limon e a canela. Agardamos a que ferba e retiramos do lume. Tapámolo e deixámolo infusionar 15 ou 20 minutos. Coámolo e quentámolo outro pouco.
  • Separamos as claras das xemas. Poñemos as xemas nun cunco co azucre e a maicena. Mesturamos ben cun batedor eléctrico de globo.
  • Vertemos pouco a pouco o leite quente sobre a mestura anterior e remexemos constantemente.
  • Botamos todo no cazo outra vez e poñémolo a lume medio, remexendo sen parar cun batedor de globo. Cando comece a espesar apartámolo do lume e seguimos remexendo até que espese de todo.
  • Engadimos en último lugar a manteiga, mesturamos ben e botámos a crema nos moldes na que a imos servir.
  • Tapámolas cun film transparente e deixámola arrefriar. Cando arrefríe un pouco metémola na neveira.
  • Xusto no momento antes de servilas, botamos abundante azucre por enriba das cremas e cun soprete imos quentando o azucre e formando caramelo con cuidado de que non se queime. Ten que ficar unha superficie dura e dourada grazas ao caramelo. Se non temos un soprete podemos facelo no grellador do forno, á máxima potencia e con moito ollo para que non se queime.