Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Pasos
- Picamos cun coitelo o allo, moi moi finiño. Picamos o pirixel finiño tamén. Colocamos o allo e o pirixel nun vaso e cubrímolos con abundante aceite. Mesturamos ben cunha culler e deixamos repousar 15 minutos. Mentras prequentamos o forno a 180º.
- Colocamos as zamburiñas nunha bandexa para o forno, botámoslles por enriba a mestura de allo, aceite e pirixel, sen que saia da cuncha.
- Metemos no forno, na bandexa do medio, e deixamos 10 minutos.
- Sacamos do forno e colocámolas nunha bandexa con cuidado de non queimarnos. Botámoslles unhas areas de sal gordo por enriba e servimos ben quentiñas.