Detalles
Cantidade
6 persoas
Tempo
40 minutos
Dificultade
Média
Ingredientes
6 ovos
150 g de azucre
200 g de fariña
1 sobre de lévedo en pó
196 ml de leite evaporado
200 g de leite condensado
250 ml de leite
- Para la cobertura
240 g de azucre
4 clara de ovo
80 g de auga
canela
Pasos
- Batemos os ovos co azucre coa axuda dun batedor de globo até que dupliquen o volume.
- Mesturamos o lévedo coa fariña peneirada, engadimos pouco a pouco aos ovos e imos remexendo cunha lingua.
- Prequentamos o forno a 180º. Botamos a mestura nun molde e metémolo no formo durante 25 minutos aproximadamente. Antes de sacalo do forno podemos comprobar se espetamos un pauciño que sae limpo.
- Despois de sacalo do forno, agardamos uns minutos a que arrefrie. Temos que facerlle buratiños cun garfo para que absorba ben todo o leite.
- Mesturamos os tres leites nun cunco e cando teñamos un mestura homoxénea botámola sobre o biscoito.
- Cubrimos o biscoito coa mestura e deixámolo na neveira toda unha noite ou 10h aproximadamente para que se enchoupe ben co leite.
- Para a cobertura:
- Botamos un chisco de sal sobre as claras e montamos cun batedor de globo, cando comecen a espumar engadimos 60 g de azucre e continuamos batendo.
- Imos facer un almibre, para isto botamos 180 g de azucre nun cazo e 80 g de auga sen remexer. Deixamos a lume medio-alto até que alcance os 115 graos aproximadamente. Se non temos un termometro para medir deixamos 5 minutos até que burbullee abundantemente.
- Cando o almibre este listo engadímolo pouco a pouco ás claras en forma de fío mentras batemos. Continuamos batendo até que enfríe o merengue.
- Coa axuda dunha manga pasteleira decoramos por riba como máis nos guste.
- Finalmente metemos a torta no forno co grill para dourar o merengue. Temos que ser coidadosos co tempo, xa que pode queimarse rapidamente. Abondara con catro ou cinco minutos.
- Podemos decorar a torta con un chisco de canela por riba. Servimos ben fría.