Vichyssoise ou sopa de porros

Detalles

Racións

6 persoa

Tempo

40 minutos

A vichyssoise é unha sopa coñecida no mundo enteiro pero é unha variante dunha receita tradicional da cociña francesa. Adoita comerse fría pero quente ou temperada tamén está moi boa.

Ingredientes

  • 5 porros

  • 2 patacas

  • 1 litro de caldo de polo

  • 200 ml de nata para cociñar

  • aceite

  • sal

  • ceboliño fresco

Pasos

  • Pelamos as patacas e lavamos os porros. Quentamos un chorriño de aceite nunha pota e engadimos os porros e as patacas cortadas en anacos. Botámoslles sal e refogamos a fogo medio uns 5 minutos.
  • Cando comecen a dourarse engadimos o caldo de polo e deixamos cocer outros 25 minutos.
  • Pasado este tempo comprobamos que están ben cocidos e trituramos cun batedor. Engadimos a nata e mesturamos ben até ter unha mestura homoxénea.
  • Agardamos a que arrefríe e servimos en cuncos con ceboliño cortado por enriba para decorar. Podemos comela quente ou temperada tamén.