Torta de queixo ao forno

Detalles

Racións

8 persoas

Tempo

60 minutos

Ingredientes

  • 700 g de queixo crema

  • 4 ovos

  • 400 ml de nata para bater

  • 200 g de azucre

  • 20 g de fariña de trigo

  • MOLDE
  • Desmontable de 25 cm de diámetro

Pasos

  • Batemos o queixo cun batedor de globo e a continuación engadimos o azucre e seguimos batendo 3 minutos máis ou menos até que se integre ben.
  • Engadimos os ovos un a un e a fariña peneirada mentras continuamos batemos todo até que quede unha mestura homoxénea. Finalmente engadimos a nata e batemos até que quede ben integrada.
  • Colocamos papel de forno nun molde desmontable e botamos a mestura que acabamos de preparar.
  • Metemos no forno, que previamente prequentamos a 180 º. Imos colocala inicialmente na segunda bandexa do forno comezando por abaixo e deixamola uns 30 minutos.
  • Pasado este tempo subimos a torta á segunda bandexa comezando por arriba para que se doure por enriba. Se vemos que se nos queima podemos colocar un papel de aluminio sobre ela para evitalo. Deixamos uns 15 ou 20 minutos até que estea cociñada, podemos comprobalo picando cun espeto, se sae seco é que estará lista.
  • Retiramos do forno e deixamos arrefriar un chisco, cando estea atemperada metémola na neveira para que remate de arrefriar e formarse. Deixámola unhas 4 horas, pasado este tempo xa podemos quitarlle o molde e desfrutar dela!