Risotto de champiñóns e queixo San Simón

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo de cociñado

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 275 g de arroz
    (1 taza pequena)

  • 1/2 vaso de viño albariño

  • 300 g de champiñóns

  • 1 cebola

  • 1 litro de caldo de polo

  • 120 g de queixo San Simón
    da Costa

Pasos

  • Limpamos a cebola e picámola.
  • Botamos un chisco de aceite nunha tixola ou nun wok e quentamos un pouco. Cando o aceite este quente, botamos a cebola e pochamola até que fique transparente.
  • Limpamos e laminamos os champiñóns.
  • Engadimos os champiñóns á cebola e deixamolos que se cociñen uns 5 minutos.
  • Cando os champiñóns estean case cociñados engadimos un vaso de viño Albariño e deixamos que reduza.
  • Mentras o viño reduce, quentamos nun cazo o caldo de polo sen que chegue a ferver.
  • Cando o viño teña reducido botamos o arroz e douramolo uns minutos.
  • A continuación engadimos un chisco de caldo e remexemos. Iremos engadindo o caldo de xeito que non se seque nunca o arroz e fique caldoso.
  • Deixamos 15 minutos apróximadamente o arroz até que esté ao punto, neste momento engadimos o queixo en anacos pequenos e mesturamos.
  • Deixamos repousar o arroz tapado durante 5 minutos.
  • Podemos decorar no prato cun chisco de albahaca seca ou natural.