Shiitake á feira

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo de cociñado

15 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 500 g de setas shiitake

  • pimentón picante

  • sal en escamas

  • 2 allos

  • aceite de oliva

Pasos

  • Lavamos e secamos con un pano de papel as setas.
  • Cortamos as setas en láminas nen moi finas nen moi grosas.
  • Botamos aceite de oliva nunha tixola grande ou wok e agardamos a que queza un pouco. Cando acade a temperatura, botamos os dous allos picados e as setas.
  • Refogamos a lume medio as setas até que estén cociñadas.
  • Colocamos nun prato, preferiblemente de madeira e botamos un chorro de aceite por riba das setas.
  • Finalmente botamos sal en escamas e pimentón picante por riba.