Detalles
Racións
6 persoas
Tempo de cociñado
30 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 barra de pan para torradas ou unha barra normal do día anterior.
Tamén podemos empregar pan de molde500 ml de leite
4 ovos
250 ml de crema de oruxo
1 ramiña de canela
1 limón
1 laranxa
50 g de azucre
canela en pó
Pasos
- Lavamos o limón e a laranxa e sacamoslles a metade da monda coa axuda dun pelador. Evitamos a parte branca porque amargaría demasiado.
- Quentamos nun cazo o leite coa monda do limón, da laranxa e a rama de canela e a crema de oruxo. Agardamos a que ferva e cando levante o fervor apagamos o lume e deixamos emulsionar 10 minutos.
- Batemos os ovos ben até que teñan algo de escuma.
- Coamos o leite e botámolo nun prato.
- Cortamos a barra de pan en diagonal en rebandas de 2 dedos de grosor mais ou menos.
- Imos mollando as rebandas polos dous lados, primeiro no leite até que se enchoupen ben e despois pasámolas polo ovo. Despois colocámolas nunha bandexa para o forno enriba de papel para cociñar.
- Metémolas no forno na posición seguinte á do medio co grill a 250 graos e deixámolas 6 minutos aproximadamente até que se douren. Cando collan cor dámoslles a volta e deixamos outros 6 minutos.
- Retirámolas da bandexa do forno con coidado e colocámolas onde as vaiamos servir.
- Mesturamos canela en pó con azucre nun cunco e botámolo por riba das torradas.