Detalles
Cantidade
6 persoas
Tempo
90 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
200g de grelos
12 láminas de canelóns
lacón cocido
1 cebola
1 tomate maduro
50 g de queixo para gratinar
50 g de queixo de tetilla relado
- Para a bechamel:
125g de fariña
1 litro de leite
125 g de manteiga
Pasos
- Cortamos o lacon cocido en anaquiños.
- Cocemos os grelos. É recomendábel escaldar os grelos antes de cocelos. Para isto colocamolos en auga fervendo cun chisco de grasa de porco e cando volva a ferver de novo agardamos unhos 4 minutos.
Escorremolos ben e poñemos a cocer outra vez, sobre 15 minutos. Cando estén listos, escorrémolos de novo. - Cortamos a cebola en anaquiños pequenos e botámola nunha tixola con un pouco de aceite de oliva.
- Cando a cebola esté pochadiña, engadimos o tomate pelado e cortado en anacos e cociñamos 5 minutos.
- Cando a base do recheo este listo, engadimos o lacón e deixamos uns minutos.
- Finalmente engadimos os grelos, deixamos 5 minutos e retiramos.
- Para facer a bechamel podes seguir a receita da nosa sección de receitas básicas.
- Poñemos a remollo en auga quente as pracas de pasta para os canelóns uns 20 minutos. Dependerá da marca que compremos. Cando estén cocidos, escorremolos.
- Botamos unha cama de bechamel nunha bandexa para o forno.
- Imos montando os canelons con cuidado e colocandoos sobre a capa de bechamel.
- Finalmente cubrimos con outro pouco de bechamel, e botamos o queixo relado por riba.
- Metemos no forno 15 minutos a 200ºC e finalmente gratinamos 5 minutos.