Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
2 kg de ameixas
1 cebola pequena
2 dentes de allo
2 caienas
1 vaso de albariño
1 culler de fariña de trigo
pirixel fresco
Pasos
- Antes de cociñar as ameixas temos que deixalas un par de horas en auga con sal para depuralas e evitar que teñan areas cando as comamos. Pasado este tempo escorrémolas e lavámolas ben.
- A continuación trituramos a cebola cun batedor e picamos os allos ben finiños cun coitelo. Botamos un pouco de aceite nunha tixola e cando estea quente engadimos a cebola, as caienas e o allo cun chisco de sal e rustrímolos a lume baixo durante uns 10 minutos.
- Pasado este tempo engadimos a fariña e cociñámola ben remexendo constantemente. Engadimos o viño e continuamos remexendo uns minutos até que se evapore un pouco.
- Picamos o pirixel ben picadiño e reservamos. Finalmente incorporamos as ameixas á tixola e cando abran botámoslles o pirixel por enriba. Servimos ao momento.