Baba ganush

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

O baba ganush é unha pasta de berenxena moi típica da cociña árabe. É moi parecido ao hummus so que con berenxena no canto de garbanzos. É ideal para comer como snack e adoita ir acompañado con pan de pita ou verduriñas crúas como a cenoria.

Ingredientes

  • 2 berenxenas

  • 1/2 culler sopeira de comiño

  • 1 culler sopeira de tahini

  • 1 allo

  • zume de 1/2 limón

  • aceite de oliva

  • 1/2 culler de café de pimentón doce

  • milgranda para decorar

Pasos

  • Cortamos á metade as berenxenas polo lado máis longo e facemoslle cortes na carne. Botámoslle un pouco de sal e un pouco de aceite por riba e metemos no forno a 180 graos durante 25 minutos.
  • Agardamos que arrefríe un pouco e separamos a monda da carne.
  • Engadimos o allo pelado, o zume do limón, o comiño e o pimentón e trituramos todo cun batedor.
  • Para servila podemos decorala con graos de milgranda e pimentón por riba e acompañala con pan de pita.