Castañas con leite

Detalles

Racións

2 persoas

Tempo

30 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • castañas crúas

  • leite

  • 1 ramiña de canela

  • azucre moreno

Pasos

  • Tiramos a monda exterior das castañas e poñémolas nun cazo en auga fría ata que comecen a ferver, deixamos 5 minutos.
  • Retiramos do lume e pelámolas antes de que arrefríen para que sexa máis doado.
  • Quentamos o leite nun cazo coa ramiña de canela a lume baixo e engadimos as castañas para que rematen de cocer. Deixamos uns 15 minutos.
  • Retiramos a ramiña de canela e botámos o azucre, remexemos para que se disolva e servimos ben quente nun cunco.