Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
3 ovos
1 iogur natural
1 medida de iogur de azucre
1 medida de iogur de fariña
1/2 medida de iogur de aceite de xirasol
15 gramos de fermento en pó
monda de limón relado
50 gramos de cacao puro en pó
azucre glas
Pasos
- Poñemos os ovos nun cunco. Engadimos o iogur, o aceite, o azucre e o cacao e batemos con un batedor de varas.
- Relamos a pel dun limón, evitando a parte branca da monda que daría demasiado amargor. Engadimos á mestura.
- Botamos a fariña e o fermento en pó e mesturamos todo ben até ter unha masa homoxénea.
- Pre-quentamos o forno a 180 graos e colocamos nun molde papel de forno.
- Cando o forno estea quente vertemos a mestura no molde e deixamos no forno durante 25-30 minutos a 180 graos.
- Pasado este tempo comprobamos picando con un pauiño, si este sae seco o biscoito xa estará pronto.
- Deixamos arrefríar e tiramos o molde.
- Botamos o azucre glas por riba.