Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Ingredientes
- Para as laranxas:
2 laranxas
250 ml de auga
150 g de azucre branco
50 g de azucre moreno
- Para o biscoito:
150 g de fariña de trigo
150 g de manteiga
(á temperatura ambiente)150 g de azucre moreno
2 ovos
2 culleriñas de fermento en pó
25 g de xenxigre fresco
3 culleriñas de canela en pó
½ culleriña de sal
- MOLDE
Molde desmontábel
de 23 cm de diámetro
Pasos
- En primeiro lugar lavamos ben as laranxas e cortámolas en toros finos duns 3 ou 4 mm, se é coa axuda dunha mandolina mellor. Nunha pota botamos a auga e os azucres e poñémola ao lume até que ferva, despois baixamos o lume e engadimos as laranxas. Deixamos uns 30 minutos a fogo baixo-medio, é importante que se cociñen pero que non se desfagan. Reservamos todo.
- Nun cunco mesturamos a fariña peneirada, co lévedo e o sal e reservamos. Noutro cunco á parte batemos cun batedor eléctrico de globo a manteiga co azucre até que fique unha crema uniforme. É moi importante que a manteiga estea a temperatura ambiente, en pomada. Engadimos os ovos, o xenxibre relado e a canela e mesturamos todo ben. A continuación engadimos a fariña pouco a pouco mentras batemos até obter unha mestura homoxénea.
- Imos empregar un molde para o forno, desmontable e con 23 cm de diámetro máis ou menos. Untámolo un pouco con manteiga e cubrímolo con papel de forno. Cubrimos o fondo do molde coas laranxas e botamos un pouco do almibre por enriba delas.
- Botamos a masa do biscoito por enriba, alisámola e metémolo no forno, que previamente quentamos a 180º. Deixamos 30 minutos máis ou menos, podemos picalo cun espeto no medio e se sae seco estará listo. Retiramos do forno e deixamos uns minutos antes de desmoldalo.
- Para desmoldalo dámoslle a volta para que fiquen as laranxas á vista, é importante facelo antes de que arrefríe de todo para que sexa máis sinxelo. Á hora de servilo podemos botarlle un chisco do almibre restante por enriba.