Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
90 minutos
Ingredientes
- Para a masa:
3 ovos grandes
130 g de manteiga
à temperatura ambiente300 g de fariña de trigo
200 g de nata aceda
ou iogur natural150 g de azucre
1 culleriña de sal
6 g de lévedo en pó
- Para a cobertura:
3 mazás verdes
1 culler de canela en pó
1 culleriña de xenxibre en pó
100 g de azucre moreno
- MOLDE
Redondo desmontábel
de 23 cm de diámetro
Pasos
- Batimos lixeiramente os ovos e cortamos en cubiños a manteiga.
- Mesturamos cun batedor eléctrico de globo o azucre e a manteiga durante varios minutos até obter unha crema clara e esponxosa. Engadimos os ovos e batemos até que se integren na masa.
- A continuación tamizamos a fariña co lévedo e o sal e engadímola aos ovos pouco a pouco intercalando coa nata aceda.
- Cando teñamos todos os ingredientes remexemos até que a masa estea homoxénea e botamos nun molde redondo desmontable duns 23 cm de diámetro.
- Quentamos o forno a 160 graos e mentras cortamos as mazás en medias lúas de 1,5 cm de grosor. Reservamos.
- Mesturamos nun cunco á parte o azucre moreno coa canela e o xenxibre e botamos nel as mazás, remexemos ben para que se impregnen e colocámolas sobre o biscoito.
- Metemos no forno durante 60 minutos até que o biscoito estea cociñado e a superficie de mazás semelle dourada e crocante.
- Sacamos do forno e deixamos repousar media hora antes de desmoldar.