Bola Larpeira

Detalles

Racións

6 persoas

Tempo

3 horas

Dificultade

Media

Ingredientes

  • Para o fermento:
  • 125 g de fariña de forza

  • 25 g de lévedo fresco

  • 100 ml de auga morna

  • sal

  • Para a crema pasteleira:
  • 500 ml de leite

  • 3 xemas e 1 ovo

  • 30 g de maicena

  • 75 g de azucre

  • canela en rama

  • Para a masa:
  • 375 g de fariña de forza

  • 10 g de lévedo fresco

  • 150 g de azucre

  • 2 ovos

  • 60 g de manteiga

  • 100 ml de leite

  • un chorriño de anís

  • sal

  • Para adornar:
  • 1 ovo

  • azucre

  • Para o almíbre:
  • 75 ml de auga

  • 50 g de azucre

  • 20 ml de anís

Pasos

  • Para o fermento:
  • Tamizamos a fariña e botámola nun cunco, engadimos un chisco de sal e facemos un burato no medio. Engadimos o lévedo e a auga morna pouco a pouco e desfacemos ben o lévedo coa axuda da auga.
  • Amasamos durante 5 minutos. Facemos unha bóla e deixámola levedar fora da neveira tapada con un pano toda a noite.
  • Para a masa:
  • Tamizamos a fariña e botámola nun cunco. Facemos un burato no medio e engadimos o ovo batido, o azucre, o lévedo, un chisco de sal, a manteiga a temperatura ambiente e a metade do leite morno.
  • Mesturamos todos os ingredientes até obter unha masa homoxénea. Botamos o resto do leite morno no fermento e disolvemolo un pouco.
  • Engadimos o fermento ao resto da mestura e amasamos coas mans durante 5 ou 10 minutos. Podemos botar un pouco máis de fariña se a masa se pega moito as mans.
  • Facemos unha bóla e tapámola con filme transparente e un par de panos por enriba. Deixámola levedar durante 2 horas.
  • Mentras leveda a masa, facemos a crema pasteleira e deixamola arrefriar. Podedes seguir aquí a nosa receita para facer a crema.
  • Pasadas as 2 horas debería ter aumentado o dobre do seu tamaño máis ou menos. Amasamos amodiño para desgasificar un pouco a masa e dámoslle forma final redondeada.
  • Volvemos tapala co filme e os panos e deixámola levedar durante 30 minutos.
  • Pasado o tempo, debería ter aumentado o seu tamaño o dobre. Facemos uns cortes perpendiculares con un coitelo, deberían ser profundos para poder encher o oco coa crema pasteleira.
  • Batemos 1 ovo e pintamos con unha brocha a bola por enriba.
  • Nun cunco botamos un pouco de azucre e unhas gotas de auga, mesturamos con unha culler e facemos montonciños de azucre entre os cortes da bola.
  • Botamos a crema nunha manga pasteleira e enchemos os cortes da bola pasando duas veces polo mesmo corte: a primeira máis profunda e a segunda por enriba da primeira.
  • Metemos no forno, previamente quentado a 170 graos, durante 30 ou 45 minutos. Os últimos 10 minutos podemos cubrila con papel de aluminio para evitar que se queime.
  • Finalmente, sacamos do forno e imos emborrachar a bola con un almibre. Para iso botamos a auga co azucre nun cazo e deixámola ferver a fogo medio durante 3 minutos, a continuación engadimos o anís e deixamos ferver outro minuto.
  • Finalmente sacamos a Larpeira do forno e, coa axuda dunha brocha, pintamos por enriba co almibre intentando non pintar a crema.
  • Deixamos arrefiar un pouco antes de comela. E a desfrutar!!!