Detalles
Racións
4 persoas
Tempo de cociñado
60 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
370 g de azucre
60 g de fariña
80 g de cacao puro en pó (cacao 100%)
1 cullerada de postre de fermento en pó
250 g de manteiga
4 ovos
2 cullerada de postre de vainilla
200 g de chocolate 52% de cacao
améndoas laminadas
Pasos
- Botamos nun cunco grande o azucre, a fariña previamente tamizada, o cacao en pó e o fermento en pó. Mesturamos con un batedor de varas.
- Cortamos en anaquiños a manteiga e derretémola no microondas.
- Engadimos a manteiga derretida á fariña e mesturamos con unha culler de pau.
- Batemos os 4 ovos e engadímolos á masa. Seguimos mesturando ben cos outros ingredientes.
- Engadimos a vainilla e mesturamos.
- Cortamos con un coitelo en anacos pequenos o chocolate e engadímolo á masa. Remexemos ben para mesturar os ingredientes todos.
- Prequentamos o forno a 150 graos.
- Imos usar unha bandexa de forno alongada, nós usamos unha de 23×30 cm. Colocamos papel de forno sobre a bandexa e botamos a masa enriba.
- Movemos lixeiramente a bandexa para que asente ben a masa e ocupe toda a superficie. Decoramos con améndoas laminadas por enriba.
- Introducimos ao forno 60 minutos a 150 graos con calor por arriba e por abaixo.
- Aos 60 minutos podemos mover a bandexa para ver a consistencia, se a masa se move coma un líquido aínda, deixámolo uns minutos máis. Se vemos que xa está solido, retirámolo.
- Deixamos que arrefrie sobre unha grella e xa está! Podemos acompañalo con nata montada ou con xeado de vainilla.