Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Se sodes dos que só comen os garavanzos dos callos, con esta receita ides lamber até o fondo do prato. Trátase dunha versión vegana dos callos na que sustituímos as tripas polos cogomelos.
Ingredientes
250 g de champiñóns portobello
250 g de cogomelos shiitake
500 ml de caldo de verduras
400 g de garavanzos cocidos
2 dentes de allo
1 cebola doce
1 vaso de viño branco
1 tomate grande maduro
1 culler maicena
pemento doce moído
1 caiena
comiño moído
cúrcuma moída
aceite de oliva
sal
Pasos
- En primeiro lugar, picamos a cebola ben finiña xunto co allo e cun chisco de aceite e sal sofritímolos a lume baixo durante uns minutos.
- A continuación engadimos o tomate, pelado e cortado en cadradiños, e seguimos refogando. Engadimos tamén o viño branco e a caiena e deixamos a fogo lento mentras remexemos de cando en vez durante uns 20 minutos.
- Pasado este tempo botámoslle unha culler de maicena e cociñámola ben mentras a mesturamos coas verduriñas. Logo lavamos e picamos non moi finas as setas, incorporámolas e deixamos que se cociñen un pouco mentras remexemos.
- Engadímoslle unha culler pequena de cúrcuma, unha culler pequena de pemento e duas ou tres de comiño. Despois de engadir as especias mesturamos ben todos os ingredientes e regamos co caldo de verduras. Probamos o sal e rectificamos se for preciso, podemos engadir máis comiño se gostamos.
- Cando comece a quencer o caldo incorporamos os garavanzos, mesturamos e deixamos cociñar todo xunto uns 5 ou 10 minutos a fogo lento.
- Finalmente deixamos repousar un pouco e servimos ben quentiños.