Carpaccio de cabaciña

Detalles

Cantidade

2 persoas

Tempo

20 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 cabaciña

  • 1 pemento verde italiano

  • 1 tomate maduro

  • 1/2 cebola

  • queixo de tetilla

  • vinagre

  • aceite

  • sal

  • pementa negra moída

Pasos

  • Cortamos a cabaciña coa axuda dunha mandolina, en toros moi finiños e colocamos sobre un prato.
  • Cortamos a cebola e o pemento en pequenos tacos e colocámolos en un cunco.
  • Pelamos e cortamos en cadrados pequenos o tomate e engadímolo ao cunco co pemento e a cebola.
  • Engadimos aceite e vinagre ao gusto as verduriñas cortadas. A proporción será 2 de vinagre por unha de aceite.
  • Engadimos sal e pementa e deixamos reposar 5 minutos.
  • Pasado este tempo botamos a mestura sobre as cabaciñas cortadas, e deixamos macerar un anaco.
  • Finalmente cortamos o queixo en lascas e colocámolo sobre as cabaciñas coa vinagreta.