Detalles
Racións
2 persoas
Tempo
30 minutos
Ingredientes
200 g de chícharos
150 g de xamón curado en tacos
2 ovos frescos
pemento picante
4 dentes de allo
aceite de oliva
Pasos
- Cocemos os chícharos durante 15 minutos cun chisco de sal. Cando estean cociñados escorrémolos e reservamos na pota onde os cocimos.
- Pelamos os allos e cortámolos en láminas. Nunha tixola cun pouco de aceite, botamos os allos e dourámolos a lume baixo. Cando os allos estén listos retirámolos e botámos os tacos de xamón na tixola, cociñamos uns minutos até que o xamón estea listo.
- Cando o xamón estea cociñado, retiramos a tixola do lume, apartamos o xamón a un lado e botamos unha culler pequena de pimento picante. Remexemos ben todo cun garfo para que se mesture co aceite.
- Botamos o rustrido co xamón sobre os guisantes e remexemos todo.
- Cascamos un ovo e botámolo nun coador sobre un cunco para quitarlle a auga á clara. Quentamos abundante auga nun cazo cun chisco de sal e cando estea o suficientemente quente, en torno aos 80 graos pero sen que chegue a ferver, metemos con cuidado o coador co ovo durante uns 5 minutos até que se cociñe a clara pero a xema aínda se manteña líquida. Sacamos do coador cunha culler e repetimos o proceso co outro ovo.
- Servimos os chícharos co xamón e cos ovos por enriba, botamos un pouco de pemento picante sobre os ovos para decorar.