Cómo cocer o marisco

O marisco cócese en auga con sal e cunhas folliñas de loureiro para darlle máis aroma. Dependendo do tipo e do tamaño tardará máis ou menos tempo.

Centolas, bois de mar e nécoras botámolas en auga fría con sal e cando comecen a ferver empezamos a medir o tempo. O resto do marisco botámolo en auga fervendo, agardamos a que volte ferver e medimos o tempo.

Todos precisan uns 60 gramos de sal por litro de auga, excepto as gambas que con 50 será suficiente ou os percebes que precisan un pouco máis, 70 gramos por litro. Unha culler de sal, rasa, equivale a uns 15 gramos mais ou menos.

Podedes descargar a nosa chuleta aquí para tela sempre a man.