Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
120 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
3 nécoras vivas
450 g de lagostinos
1 allo
1 porro pequeno
1 cebola mediana
2 tomates maduros
1 cenoria
aceite de oliva
1 culler pequena
de pimentón doce1 vaso de viño branco
1 l de caldo de peixe
1 pataca
Pasos
- Pelamos os langostinos e reservamos as cabezas.
- Salteamos as cabezas dos langostinos con un pouco de aceite e sal durante 5 minutos. Engadímoslles un vaso de auga e deixamos cocer a fogo baixo durante 10 minutos. Despois pasamos por un coador chino e gardamos o caldo.
- Nunha pota grande botamos abundante aceite e cando estea quente refogamos os langostinos até que estean douradiños, retirámolos e reservamos.
- Engadimos o porro, o allo, a cebola e a cenoria cortados en anacos, botámoslles un pouco de sal e refogamos 15 minutos a lume baixo.
- Cortamos o tomate en anacos pequenos e botámolo co resto de verduras, refogamos outros 10 minutos.
- Engadimos o vaso de viño branco e deixamos uns minutos a fogo medio até que se evapore o alcohol.
- Cortamos as nécoras en 4 anacos, con cuidado de non perder nada do zume que soltan. Engadímolas ás verduras e refogamos 5 minutos.
- Botamos as culler pequena de pimentón doce e remexemos.
- Engadimos o caldo dos langostinos, os langostinos, o caldo de peixe e a pataca en anacos. Cocemos durante 20 minutos a lume medio-baixo, evitando que ferva.
- Pasados os 20 minutos, retiramos do lume e deixamos arrefriar un pouco.
- Sacamos as patas gordas das nécoras porque son demasiado duras e trituramos todo ben con un batedor eléctrico ao maximo.
- Pasamos a crema por un coador chino para quitar os anacos de cunchas e servimos. Podemos decorar cunha patiña de nécora.