Detalles
6 persoas
150 minutos
Fácil
Esta receita de polo recheo ao forno é un prato moi sinxelo e cun sabor exquisito tanto para ceas como para xantares. Se queremos que fique ben saboroso, o primeiro é escoller un bon polo, preferiblemente campeiro ou da casa. Tamen podemos facelo cun capón.
A manteiga de porco axudaranos a que o polo quede máis zumarento e daralle un toque crocante á pel. O truco para que a peituga non quede seca, é colocar o polo con ela cara abaixo, así irá absorvendo a salsiña que se forma na bandexa e todos os zumes do polo baixaran até a peituga. O recheo podemos empregalo como gornición unha vez asado, axudará a darlle sabor e aportaralle os seus zumes ao polo. Podemos acompañalo tamén cunhas patacas ao forno.
É importante facelo amodo, sen calor excesivo. As potas de ferro fundido ou cocottes son ideais para asar o polo, porque permiten tapalo para evitar que se queime, pero o resultado será igualmente bo se empregamos unha bandexa normal para o forno.
Ingredientes
1 polo grande campeiro
1 mazá
60 g de uvas pasas
1 limón
1 culler grande
de manteiga de porcocastañas crúas
Pasos
- Limpamos o polo e quitámoslle restos de plumas e pelos.
- Lavamos e cortamos a mazá en cadrados quitándolle o corazón.
- Pelamos e cocemos as castañas durante 5 minutos, teñen que quedar algo crúas para que non se desfaigan despois ao cociñalas.
- Colocamos o polo nunha bandexa de forno alta ou nunha cocotte.
- Salgamos o polo restregándo o sal por toda a súa superficie.
- Recheamos o polo coas castañas, a mazá e as pasas e botámoslle o zume de medio limón dentro.
- Coa axuda dunha agulla e fío apto para cociña cosemos o traseiro do polo para que non escape o recheo.
- Untamos todo o polo coa manteiga de porco.
- Colocámolo coa peituga cara abaixo para evitar que se seque e exprememos por riba o zumo da outra metade do limón.
- Prequentamos o forno a 180 graos e cando estea temperado introducímolo.
- O tempo para cociñalo dependerá do tamaño do polo, para un mediano-grande precisaremos unhas 2 horas máis ou menos. Se o cociñamos dentro dunha cocotte, a primeira hora facémolo coa tapa posta e se empregamos unha bandexa de forno, podemos colocarlle papel de aluminio por enriba se vemos que se comeza a torrar.
- Durante o tempo que está no forno cada 20 minutos collemos a salsiña que se vai formando no fondo da bandexa cunha culler e botámosllo por riba ao polo para que non se seque.
- Os últimos 30 minutos dámoslle a volta e poñemos a peituga cara arriba para que colla color.
- Sacamos o polo do forno e o recheo colocámolo nun cunco para empregalo como gornición. Aproveitamos a salsiña que se formou no fondo para botar por riba da carne unha vez cortado.
