Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
90 minutos
Dificultade
Media
Ingredientes
1kg de mexilóns con cuncha
1 pemento vermello
1 cebola
1/2 vaso de viño albariño
3 pementas caiena
pimentón picante “de la vera”
25 g de alga wakame deshidratada
- Para a masa:
225 g de aceite de xirasol
225 g de leite
3 ovos
10 g de sal
750 g de fariña de trigo
Pasos
- Para a masa:
- Primeiro facemos a masa. Botamos nun cunco a fariña, facemos un burato no medio e engadimos o sal, o leite e os 2 ovos batidos.
- Mesturamos ben todos os ingredientes e amasamos até ter unha bola uniforme. Reservamos.
- Para o recheo:
- En primeiro lugar lavamos os mexilóns e botamolos nunha pota alta con un pouco de auga fría, pero sen chegar a cubrilos, un ou dous tres de dedos de auga será suficiente. Poñémos a pota tapada a lume medio durante uns 5 minutos até que abran os mexilóns e gardamos a auga.
- Separamos os mexilosn das cunchas, pasamos a auga dos mexilóns por un coador e reservamos.
- Picamos o pemento e a cebola coa axuda dunha picadora e rustrímolos nunha tixola con un chorriño de aceite, un pouco de sal e coa caiena. Pasados 5 minutos engadimos o viño branco e refogamos até que evapore. Unha vez evaporado o viño, engadimos un pouco de pimentón e un pouco de caldo de cocer os mexilons e seguimso refogando a lume medio. A caiena podemos deixala no recheo ou retirala para evitar que pique moito.
- Mentras se fan as verduras imos hidratar as algas. Para isto poñemos as algas deshidratadas nun prato fondo e cubrímolas con abundante auga de cocer os mexilóns. Deixamos uns 10 minutos até que se hidraten.
- Cando as algas estén hidratadas escorremolas e engadímolas á tixola co resto de verduras e os mexilons sen cuncha. Refogamos durante uns minutos e retiramos do lume.
- Xa teríamos listo o recheo, agora imos formar a empanada. Collemos a bola de masa, e cortamos un pouco máis da metada, un 60% aproximadamente. Coa axuda dun rolete estiramos ben a masa para que quede fina e colocámola sobre unha bandexa de forno con papel para o forno. Deixamos que sobre un pouco de masa nos bordes da bandexa.
- Botamos o recheo sobre a masa e extendemos por toda a superficia da bandexa, pero deixando unha marxe nos bordos de un dedo de ancho aproximadamente. Así poderemos colocar a tapa sen problemas.
- Extendemos co rolete o resto da masa e colocámola sobre o recheo. Pechamos os bordes sobrantes sobre a tapa e coa axuda de dous dedos imos xuntando as tapas e dándolle forma ao borde.
- Facemos un burato no medio da tapa da empanada e decorámola ao gusto coa masa sobrante.
- Batemos un ovo e pintamos a tapa da empanada para darlle unha cor máis vistosa.
- Metemos na parte baixa do forno, que previamente quentaramos a 180º e deixamos cocer uns 45 ou 50 minutos até que fique dourada.
- Retiramos do forno e deixamos que arrefríe antes de cortar.