Detalles
Racións
4 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
1 allo
20 g de xenxibre fresco
aceite de oliva
400 g de peixe sapo
1 cebola morada
sal e pementa
1 limón
8 lagostinos crús
2 culleres de aceite de oliva
- Para a maionesa:
20 g de follas
de alfábega fresca75 g de aceite de xirasol
75 g de aceite de oliva
1 culler pequena de mostaza
1 ovo
1 chorriño de zume de limón
Pasos
- Para o mariñado:
- Limpamos e cortamos o peixe en anacos de 3 centímetros máis ou menos e salgámolo.
- Lavamos o limón e relamos a monda, a continuación exprimimos o zume. Reservamos.
- Nun morteiro esmagamos o allo e o xenxibre pelado.
- Nun cunco botamos o zume e a reladura do limón, o allo, o xenxibre e 2 culleres de aceite de oliva. Mesturamos todo ben.
- Engadimos o peixe sapo, botámostelle pementa moída por enriba ao gusto e deixámolo mariñar 30 minutos na neveira con un film transparente.
- Para a maionesa:
- Botamos no vaso dun batedor eléctrico un ovo e un chisco de sal. Engadimos o chorriño de zume de limón e a culler de mostaza. Batemos todo ao mínimo até que estea uniforme.
- Engadimos pouco a pouco o aceite de xirasol sen parar de bater até que espese e sen levantar o batedor do fondo do vaso.
- Engadimos pouco a pouco o aceite de oliva, e cando cambie o son que fai, comezamos a facer movementos verticais de arriba e abaixo co batedor até que teña a consistencia desexada.
- Cortamos as follas de alfábefa en tiriñas pequenas e engadímolas a maionesa.
- Para os espetos:
- Se imos empregar espetos de madeira, deixámolos a remollo en auga durante o mariñado.
- Cortamos unha cebola morada en cuñas e reservamos.
- Escorremos o peixe e gardamos a salsa do mariñado.
- Pelamos os lagostinos e deixámoslles a cabeza e a cola.
- Facemos espetos alternando cebola, peixe sapo e lagostinos mentras prequentamos o forno co grill á máxima temperatura.
- Cando o forno estea quente metemos os espetos na bandexa seguinte á do medio e cociñámolos co grill á maxima temperatura dándolles a volta e regándoos de vez en cando co mollo do marinado. Deixamos durante uns 8 ou 10 minutos até que o peixe e os lagostinos esten dourados, con moito cuidado de que non se queimen.
- Servimos os espetos coa maionesa de alfábega.