Follados de rulo de cabra e coulis de froitos vermellos

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

20 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 lámina de masa follada

  • 1 rulo de cabra

  • 1 ovo

  • coulis de froitos vermellos

Pasos

  • Para o coulis de froitos vermellos imos empregar a nosa receita de básicos que podedes ver aquí.
  • Cortamos a masa follada en círculos coa axuda dun cortapastas redondo. O diámetro da masa follada debería ser de uns 2 centímetros maior que o do queixo, xa que ao metelos no forno encollen un pouco.
  • Batemos o ovo e pintamos a masa follada con el por enriba.
  • Metémolos no forno, que previamente quentamos a 180 graos, durante 10 minutos. Colocámolos na bandexa do medio para que non se queimen por abaixo.
  • Mentras están no forno, cortamos o rulo de cabra en anacos dun centímetro de grosor máis ou menos.
  • Pasados os 10 minutos, sacamos os follados e colocamos un anaco de queixo enriba de cada un no centro e volvemos metelos no forno outros 10 ou 15 minutos até que estean douradiños e o queixo derretido.
  • Sacámolos do forno e deixamos que arrefríen un pouco sobre unha rexa. Servímolos quentes con coulis de froitos vermellos por enriba.