Detalles
Racións
6 persoas
Tempo
45 minutos
Dificultade
Fácil
Ingredientes
500 g de garavanzos crus
1 cebola
1 cenoria
1 allo
1 cullerada de sobremesa de bicarbonato
1 cullerada de sobremesa de cúrcuma
1 cullerada de sobremesa de comiño moído
pirixel fresco
pementa negra moída
sal
aceite de xirasol para fritir
Pasos
- Poñer os garavanzos nun cunco a remollo durante 24 horas para que abranden.
- Pasadas as 24h escorrémolos e reservamos. Tiramos a monda da cenoria, da cebola e o allo e engadímolo aos garavanzos.
- Trituramos todo con un batedor até ter unha masa fina.
- Engadimos o sal, o pirixel picado e o resto de especias e mesturamos ben.
- Tapamos o cunco e deixamos repousar durante unha hora como mínimo.
- Pasado este tempo xa podemos cociñalo. Para isto facemos pequenas hamburguesas coas mans, prensando ben para que queden compactas.
- Quentamos o aceite nunha tixola e fogo medio-alto e fritimos as hamburguesas até que estén doradiñas polos dous lados.
- Colocámos en papel de cociña para absorver o aceite uns minutos e listo!
- Podemos acompañar con unha ensalada e con mollo de iogur.