Espetos de peixe sapo mariñado e lagostinos con maionesa de alfábega

Detalles

Racións

4 persoas

Tempo

45 minutos

Dificultade

Fácil

Ingredientes

  • 1 allo

  • 20 g de xenxibre fresco

  • aceite de oliva

  • 400 g de peixe sapo

  • 1 cebola morada

  • sal e pementa

  • 1 limón

  • 8 lagostinos crús

  • 2 culleres de aceite de oliva

  • Para a maionesa:
  • 20 g de follas
    de alfábega fresca

  • 75 g de aceite de xirasol

  • 75 g de aceite de oliva

  • 1 culler pequena de mostaza

  • 1 ovo

  • 1 chorriño de zume de limón

Pasos

  • Para o mariñado:
  • Limpamos e cortamos o peixe en anacos de 3 centímetros máis ou menos e salgámolo.
  • Lavamos o limón e relamos a monda, a continuación exprimimos o zume. Reservamos.
  • Nun morteiro esmagamos o allo e o xenxibre pelado.
  • Nun cunco botamos o zume e a reladura do limón, o allo, o xenxibre e 2 culleres de aceite de oliva. Mesturamos todo ben.
  • Engadimos o peixe sapo, botámostelle pementa moída por enriba ao gusto e deixámolo mariñar 30 minutos na neveira con un film transparente.
  • Para a maionesa:
  • Botamos no vaso dun batedor eléctrico un ovo e un chisco de sal. Engadimos o chorriño de zume de limón e a culler de mostaza. Batemos todo ao mínimo até que estea uniforme.
  • Engadimos pouco a pouco o aceite de xirasol sen parar de bater até que espese e sen levantar o batedor do fondo do vaso.
  • Engadimos pouco a pouco o aceite de oliva, e cando cambie o son que fai, comezamos a facer movementos verticais de arriba e abaixo co batedor até que teña a consistencia desexada.
  • Cortamos as follas de alfábefa en tiriñas pequenas e engadímolas a maionesa.
  • Para os espetos:
  • Se imos empregar espetos de madeira, deixámolos a remollo en auga durante o mariñado.
  • Cortamos unha cebola morada en cuñas e reservamos.
  • Escorremos o peixe e gardamos a salsa do mariñado.
  • Pelamos os lagostinos e deixámoslles a cabeza e a cola.
  • Facemos espetos alternando cebola, peixe sapo e lagostinos mentras prequentamos o forno co grill á máxima temperatura.
  • Cando o forno estea quente metemos os espetos na bandexa seguinte á do medio e cociñámolos co grill á maxima temperatura dándolles a volta e regándoos de vez en cando co mollo do marinado. Deixamos durante uns 8 ou 10 minutos até que o peixe e os lagostinos esten dourados, con moito cuidado de que non se queimen.
  • Servimos os espetos coa maionesa de alfábega.